Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

23.10.09

Intolerable


Cando se entenda que un tradutor automático non é un espremedor que por un lado bota o zume e polo outro deixa as mondas cousas así non han volver pasar.

Vistos os erros, non son suficientes para anular o proceso?

17.10.09

Anatomía


Que terá Losada nas cachas?

10.10.09

Non faime graza


A viñeta de enriba viña onte en La Voz e non fai falta dicir quen é o seu xenial autor. O conto é que ultimamente as aberracións lingüísticas que cometen os humoristas son moitas. Non contentos con vestir a gheada con iotas, agora dálles por bailar cos pronomes polos bocadillos adiante que mete medo. Visitade, por certo, Matanzos, a aldea de Fito e Pita, ou sexa lede a obriña en cuestión. De xulgado de garda!

3.10.09

Desfollar


Simplemente polo que están a facer coa lingua, os socialistas galegos deberían trocar a rosa por unha margarida. Si ou non? Imos ou quedamos na casa?