Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
30.4.0829.4.08Titular fácil![]() Buscar o titular polo titular non é o camiño... porque algún malintencionado podería retrucar que nunca A Mesa estivo tan ben como está agora. Con todo, o 18 de maio todos á manifa!!!
28.4.0823.4.08UTSL![]() No ámbito da administración e contratación administrativa unha UTE é unha unión temporal de empresas que se unen para realizaren unha obra ou prestar un servizo determinado. Pois ben, no caso das linguas xa temos algo semellante, algo así como unha UTSL (unión temporal de servizos lingüísticos): desde Vigo e estendendose coma o aceite por unha folla de papel, distintas institucións, concellarías e servizos únense para faceren o que non fai quen corresponde (a Consellaría de Educación): promover e defender da infamia e a necidade o decreto do ensino.
18.4.08Vaia xoia!!![]() No debate do galego dos medios e as subvencións que esta semana foi protagonista, habería que ir introducindo o tema da difusión ou non de xoias coma a que hoxe nos obsequia o Faro. Algúns chamaranlle censura, este moucho chámalle decencia.
17.4.08Feble resposta![]() O artigo en si non está mal, mais vaise quedar nisto só a resposta do Goberno galego? No fondo, parece unha especie de "veña, ho, sexamos amigos e levémonos ben!!". Sabedes dalgures onde se venda a contundencia e as verdades coma puños?
12.4.08Ai Manuela, Manuela![]() Por certo, desde a Consellaría teñen pensado defender esta medida ou tamén a van deixar co cu ao aire como están a facer co decreto do ensino??? 10.4.086.4.08Ai Quin, Quin...![]() Está ben falar de "sedución e convicción", mais a comparación do galego cunha nai de 82 anos, con párkinson e inmóbil... sen comentarios Sen comentarios tamén a frase «En calquera pobo de Galicia os nenos crecen e aprenden castelán, só faltaría. Nun pobo cunha galescola seguirán aprendendo castelán e falando castelán. A diferenza é que nun pobo con galescola damos un pasiño máis para que os nenos aprendan tamén o galego, que é o noso idioma» 5.4.08
|