Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

27.1.09

Iolanda


Seica esta muller se fixo socia da CTNL? Alguén sabe algo?

21.1.09

Outro dicionario máis


Vaia por diante que este xa me gusta máis. Tivestes algunha vez a sensación de que se fan cousas que logo apenas se coñecen? Este moucho moitas veces...

Sabiades que en galego había un Dicionario visual interactivo especialmente destinado para alumnado de fóra? Pois si, haino e está neste enderezo.

Ala! poñede un/unha estranxeiro/a na vosa vida e gozádeo con el ou ela.

15.1.09

Dicionario de que???


Vos oiriades falar de tal cousa até agora? mirade que a obra xa é do 2006. Dicionario de funcionarios escritores en galego!!! Mi madriña!!


Algún día habería que facer unha clasificación coas publicacións máis excéntricas, exóticas, rechamantes e rechamangueiras da produción editorial galega.



Viva Redondela!!

1.1.09

Feliz ano 2009!!!


Feliz ano novo a todos, todas! e lembrade que

A felicidade non é facer o que un quere,
senón querer aquilo que un fai