Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

29.3.10

Camiños baleiros




O Xacobeo non arrinca, non hai peregrinos coma antes e non se descarta que a culpa a teña a lingua galega. Catro anos de imposición da lingua polo bipartito e esta tamén chegou aos camiños que conducen a Santiago. Os peregrinos son conscientes e prefiren quedar nas súas casas. Xa non hai quen indique onde queda o próximo albergue que non sexa en galego, xa non hai quen recomende onde coller uns bocadillos ou encher as botellas de auga. A lingua brilla e a romaxe esmorece lentamente!   

20.3.10

In english, please

Satisfeitos co novo decreto, agora imos a polas páxinas web: o valedor axuda e Faro de Vigo comeza a tirar pedriñas. Non sabía eu que tamén para internet se podía falar de inmersión...

19.3.10

Sorte para os carpinteiros

Leo no Xornal que a Xunta se sumará á vaga de medidas para fortalecer a autoridade na aula do profesorado. Visto o seu empeño e querenza e darlles liberdades aos alumnos para falar o que lles veña en gana (seica se van articular orientacións pedagóxicas...), pois moito me temo que a autoridade vai pasar por unhas bonitas tarimas. 
Sorte que van ter os carpinteiros!!!  

16.3.10

Foro aberto, texto pechado

Entrevista breve e case entre amigos: "O galego nin retrocede nin avanza, sitúase nun equilibrio co castelán" Anxo Lorenzo dixit en Foro aberto. Non foi un mal proceso; o texto está xa moi maduro; volvamos aos oitenta; prefiro ser secretario xeral de Política Lingüística a ministro de Interior porque disto si sei, pouco pero si sei. Si home si, TU SI QUE VALES!!


No debate posterior unha vez máis Blanco Valdés o máis histriónico e berrón, con potestade para interromper a calquera e créndose posuidor da verdade absoluta. Chapeau por Barreiro Rivas!!! Ben por Costas e Ramallo!!

14.3.10

Dito queda

Na fin de semana da consumación da aldraxe lingüística... escoitemos os cativos. Eles non menten.

Convers-ando Vigo from Convers-ando on Vimeo.

8.3.10

Ai Carmiña!!!

Varela xa ten a súa "carmiña burana"



Ignorante e mentirán!!!!