Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

30.12.09

Patético




Que vergonza e que mágoa a verdade. Había de retirarse o galego do debate, da contenda e agora resulta que vai haber periodicamente referendos para decidiren os pais canto aire se lle vai dar. Anda que...!!! Como dixen cando foi o da enquisa, púidovos quedar a cachola descansada.

29.12.09

Ollada atrás. 23-F


Gosto das hemerotecas, en especial cando achegan o que un está a buscar. Grazas a elas sabemos que a lingua galega ten tamén o seu particular 23-F. Era daquela cando o Celta xogaba aínda en Europa, os talibáns mataban unha soldado galega e Antón Losada, a golpe de disolvente limpacristais, se enfrontaba á policía. Pois ben, foi daquel día de hai case tres anos cando os tres grupos parlamentarios consensuaron o que logo, na lotaría do DOG, se correspondería co Decreto 124/2007 e así o fixeron público.

Vexamos o que dicían os xornais por aquela altura. A foto que achego corresponde a El País e é a única foto daquel día aínda presente nas hemerotecas, pois os diarios de Prensa Ibérica manteñen unicamente o pé de foto, pero nin rastro da instantánea coa daquela conselleira de Educación rodeada por deputados dos tres grupos (nin no Faro nin en La Opinión), e peor panorama presentan os xornais do Grupo Correo nos cales non queda nin rastro da noticia... Nesta semana fulcral que cadaquén tire as súas conclusións.

28.12.09

Vogue vogue mariñeiro


Outra primicia d'Omouchoasexante. Portada de febreiro da revista Vogue. Reportaxe de 13 páxinas, fotos interiores, decálogo da boa bilingüe e test titulado "Como ser bilingüe e non desfalecer no intento". A mediados de xaneiro nos quioscos e librarías.

21.12.09

Pídechas o corpo

Imos ir rematando o ano cun sorriso e de paso quentar o ambiente un pouco. Ufff que frío vai nas pólas!!!!

10.12.09

Eu non escoito a Galicia Bilingüe máis

Imos ter que acostumarnos a ver a Galicia Bilingüe convidada nos foros ao mesmo nivel que asociacións cunha longa traxectoria ou cun diáfano compromiso coa democracia e xustiza sociais? Non estaremos confundido cortesía e pluralidade con outra cousa? O que está detrás deles xa o sabemos: ODIAN O GALEGO E NON QUEREN SABER NADA DEL. Non terán xa altofalantes mediáticos suficientes como para que aínda lles deamos máis? A quen que non lles baile a auga convidaron eles nas súas xornadas/jornadas bilingües?
Propoño que cando lle toque falar ao seu representante o auditorio se erga e baleire o recinto. En silencio e sen atropelarse. Un exercicio de ecolingüismo.

1.12.09

Apuntamentos á marxe


Entrevista comentada:

Non hai debate social sobre a lingua; na rúa non se fala disto e a xente segue máis preocupada doutras cousas.

Pois pode ser certo, este domingo nos bares ás sete da tarde non se falaba do decreto nin da lingua, pero que dun tempo a esta parte á mínima hai quen se sente ofendido, perseguido...

Concordo coa idea de retirar a lingua do debate partidario, porque debemos ser capaces de ter un substrato común de acordo entre todas as forzas políticas. Iso é posible e desexable, pero neste momento as posicións están moi separadas. Parte das forzas políticas están empeñadas en que non haxa consenso. Incluso utilizan a lingua galega como un elemento de enganche, de mobilización entre a súa militancia e os seus simpatizantes.

E quen o introduciu de cheo, emporcallando todo, no debate político? Quen rachou o consenso?

Na política lingüística houbo unha falta absoluta de información e de pedagoxía sobre o que se pretendía facer, e un exemplo foi o decreto do galego no ensino.

Certo. De acordo. A anterior Consellaría de Educación deixou o novo decreto co cu ao aire.

Unha lección a aprender do que pasou é que non podemos considerar a escola como un elemento compensador da falta de galego que se produce fóra dela, porque xera tensionamentos. O que temos que facer é establecer unha política lingüística que vaia á raíz dos problemas da non presenza da lingua en certos ámbitos urbanos e darlle solucións.

Totalmente do acordo. Malo cando se poñen todos os ovos no mesmo niño. Iso si, estamos agardando a que se faga algo para atacar a raíz do problema.

Fóronse cumprindo algúns obxectivos da Lei de Normalización do 1983, pero hai partes da sociedade cunha presenza bastante baixa do galego, e a Xunta ten que asegurala en todas.

Isto resulta ambiguo. Asegurar en todas que? a presenza baixa da lingua? Isto sóame a política de baixa intensidade...