Ollada atrás. 23-F

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
29.12.09Ollada atrás. 23-F![]() Gosto das hemerotecas, en especial cando achegan o que un está a buscar. Grazas a elas sabemos que a lingua galega ten tamén o seu particular 23-F. Era daquela cando o Celta xogaba aínda en Europa, os talibáns mataban unha soldado galega e Antón Losada, a golpe de disolvente limpacristais, se enfrontaba á policía. Pois ben, foi daquel día de hai case tres anos cando os tres grupos parlamentarios consensuaron o que logo, na lotaría do DOG, se correspondería co Decreto 124/2007 e así o fixeron público. Vexamos o que dicían os xornais por aquela altura. A foto que achego corresponde a El País e é a única foto daquel día aínda presente nas hemerotecas, pois os diarios de Prensa Ibérica manteñen unicamente o pé de foto, pero nin rastro da instantánea coa daquela conselleira de Educación rodeada por deputados dos tres grupos (nin no Faro nin en La Opinión), e peor panorama presentan os xornais do Grupo Correo nos cales non queda nin rastro da noticia... Nesta semana fulcral que cadaquén tire as súas conclusións.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home