|
Galegolandia |
|
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
Fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006
. : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego
Template By CazPowered by: Blogger
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
17.11.09Plash, plash!!!![]() Toma labazada en forma de sentenza!!! Agora que podemos pedir para seguir mareando?? Ummm, que a materia de lingua galega a poñan despois de Plástica e antes que Educación Física os venres pola tarde? 5.11.09Cachar nas patacas![]() Ai amigo iso pasa por tirar de hemeroteca e de aí esa cara de asustado. Verba volant, scripta manent que diría un clásico. Claro que agora con isto das tecnoloxías tal dito xa non é o que era. Visitemos os vídeos do foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Lugar? Consello da Cultura. Data? xuño do ano pasado. Título: A sociolingüística en Galicia Relator? Anxo Lorenzo. Retrucantes? Kabatek e Rei-Doval. Nun vídeo de máis de hora e media, contra o final, á pregunta de Fernando Ramallo acerca de por onde pasa o presente da lingua galega, o actual secretario xeral respondeu: - dinamización lingüística a tope ou a fondo, nas cidades e nas non-cidades -pacto ou consenso político e social para sacar o tema lingüístico do debate partidario. Pero o máis interesante aínda está máis contra o final. Á pregunta dun catalán, cuxo nome non apreciei (Boix penso), sobre "Cual sería un ejemplo de política priorizable ahora mismo en la recuparación del gallego?" Anxo Lorenzo responde: Non me deixas escapatoria, é dicir, que teño que contestala non? Vamos a ver, eu creo que o ensino é... temos un decreto, que é o 50%, novo. Eu creo que esa debería ser unha prioridade. Agora... que se aplique, si, si, de feito xa está aprobado, non habería que crear nova norma. Habería simplemente que aplicalo. Que se aplique, con rigor e con seriedade, e simplemente iso. [...] Eu creo que non ten sentido pensar en moitas normas, normas de diferente tipo... máis xerais ou específicas, cantas menos normas mellor. Evidentemente, postos a elixir unha que, ademais xa está en vigor e que cremos que terá un efecto importante a medio prazo, agora xa non, sería a cuestión do ensino non-universitario. Demo de novas tecnoloxías!!! 23.10.09Intolerable![]() Cando se entenda que un tradutor automático non é un espremedor que por un lado bota o zume e polo outro deixa as mondas cousas así non han volver pasar. Vistos os erros, non son suficientes para anular o proceso? 17.10.09Anatomía![]() Que terá Losada nas cachas? 10.10.09Non faime graza![]() A viñeta de enriba viña onte en La Voz e non fai falta dicir quen é o seu xenial autor. O conto é que ultimamente as aberracións lingüísticas que cometen os humoristas son moitas. Non contentos con vestir a gheada con iotas, agora dálles por bailar cos pronomes polos bocadillos adiante que mete medo. Visitade, por certo, Matanzos, a aldea de Fito e Pita, ou sexa lede a obriña en cuestión. De xulgado de garda! 3.10.09Desfollar![]() Simplemente polo que están a facer coa lingua, os socialistas galegos deberían trocar a rosa por unha margarida. Si ou non? Imos ou quedamos na casa? 24.9.09DiscriminaciónPor que Pilar Farjas si e Corina Porro non? Que pasa que todas as loiras son tontas, non len libros e xa as damos por imposibles? 21.9.09Auga chirla![]() Grazas a Xornal sabemos que vivimos nun país onde calquera pode ocupar a portada dun medio de comunicación escrito. Malia que minta, malia que esaxere, malia que enfíe unha parvada tras outra, malia que pertenza a unha asociación da que non se quere dicir nin o número de socios... Quen queda en evidencia é esa tal señora Gloria Lago, mais aos medios habería que lles exixir sentidiño á hora de organizaren un café de redacción e pór a quentar os croissants... 15.9.09Cando todo, cando nada![]() Amañado o asunto do anuncio da señora repelente de Gadis imos con outra ollada á caixa tonta. Lembrades a que se montou hai un par de anos co do futbol dos sábados en galego cando La Sexta entrou en escena? por momentos parecía que o futuro da lingua pasaba polo número de saques desde o curruncho que os galaicos viramos antes de saírmos de troula. O resultado foron dous anos de futbol na TVG, en La Sexta (con opción multilingüe para os adiantados da TDT) e mesmo houbo algún partido que tamén se deu por Telecinco. Pois ben este ano A Galega pasa da Liga e pasa do balompé sabatino. Apuntouse unicamente á grandeza da Champions e por pasar penso que aínda non pechou acordos nin co Celta nin con equipos galegos de categorías inferiores. Ou sexa antes pagarlle dereitos á UEFA que aos nosos clubs... O caso é que La Sexta pechou a súa xenerosidade lingüística e xa non ofrece escolla de idioma nos seus partidos xusto, xusto cando máis precisa era. Disto decateime este sábado pasado. Conclusión: rómpense máis de vinte anos de fútbol en galego os sábados. Ninguén vai dicir nada? Que di agora o PP? Xa non serve o que dicía en agosto de 2006? Xa non hai "desidia e ineficacia" nos dirixentes da canle? Xa o galego non é "fundamental para a promoción do noso idioma"? E La Sexta? ben pouco lles durou a arroutada... 6.9.09Xa todo vale![]() Á carga contra os topónimos, contra a Lei de normalización lingüística... parece ir todo costa abaixo que ata na Galega botan un anuncio de Gadis en que unha señora cun carro cheíño cheíño comeza unha frase con "Me axudaredes...?". Xa o vistes? non o dei localizado na rede, pero algo habería que facer para solicitar a súa retirada ou corrección. 2.9.09Leóns cancerbeiros![]() Dille un ao outro, ti mira á dereita e eu miro á esquerda, e se ves vir algún periférico falando lingua estraña chamamos a José. 29.7.09Maleducado![]() E nestas apareceu Manquiña, non se atreveu a ir á Quintana o día de autos, pero si lle concede unha entrevista impertinente a Xornal. O certo é que o de impertinente non foi tanto polas preguntas como polas respostas do tipo. Este home fala desde o rencor ou é un perfecto maleducado??
|