|
Galegolandia |
|
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
Fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006
. : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego
Template By CazPowered by: Blogger
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
5.9.08Oración para a fin de semana![]() A aqueles que sosteñan, defendan, afirmen e queiran facer crer que o castelán en Galicia está en perigo, que está en marcha un plan destinado á súa desaparición ou exterminio e que os seus falantes son perseguidos e discriminados. A aqueles que para iso utilicen aquilo que todos máis queremos: os nosos fillos, sobriños, netos... A aqueles que para iso en tempos de crise invoquen cuestións que teñen que ver cunha suposta mingua de oportunidades laborais por culpa da lingua galega, supostas perdas de investimentos procedentes do exterior, supostas perdas de competitividade da economía galega... A todos eses que saiban que non merecen nin o máis mínimo respecto; que a súa visión da realidade é delirante; que se son crentes, están a pecar, e se non o son, están a ser manifestamente deshonestos coa verdade. O que están a facer é propio de miserables e mediocres. Para eles todos, o maior dos meus desprezos. Resposta social contundente, XA! Resposta dos nosos gobernantes sen ambaxes, XA!
|