Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

3.9.08

Alfombra vermella para Alejo


O día 8 no CFV de Vigo estará Alejo Vidal Quadras (sobra dicir nada máis...) e estes do CFV parece que comezaron cos preparativos e a catro días vista xa lle puxeron a alfombra vermella en forma de sisuda análise sociolingüística. Tamén se me ocorre outra palabra que comeza por lame e remata por cu, pero non vou dicila.

Estes do CFV de Vigo son a clase empresarial viguesa que non fala galego, nin intención ten de facelo, malia teren moitos deles as súas orixes en aldeas ourensás, hoxe semidesertas, e malia invocaren insaciablemente o eixo Porto-Vigo como motor do Atlántico. Ou sexa, uns acomplexados... ricos, pero acomplexados.

O que é curioso é que son os mesmos que despois arremeten contra a clase política cando non ven satisfeitos os seus intereses... que se non actúan en clave de país chegan a dicir en ocasións, que se en Cataluña e outras rexións xa teñen AVE e mellores autovías e nós aínda non, que se a Zona Franca de Barcelona, que se o Porto de Bilbao... Todo lles parece que se fai mellor noutros sitios, quizais así pensan que engrandan a súa carreira profesional...

Iso si, en cousas de lingua, nada de cataláns, nin de vascos... Galegos todos, ou sexa españois. O galego para as aldeas que eles deixaron atrás.

Os argumentos que manexan sinxelamente abracadabrantes.

A descontextualización que fan de intervencións de Quintana e Touriño pois sinceramente estalles ben a eles dous por seren mediocres en temas de lingua.

Por certo, cando estes señores conviden a Rosa Díez, con que nos van sorprender? Xa están a coser outra alfombra?