Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

28.12.08

Pois que fale o viño


Este ano nos vos teño tempo nin humor para unha inocentadiña ben pensada, aínda que ideas e candidatos había moitos. Remítovos a de hai dous anos, que segue tendo vigor...

Con todo o que daría para unha boa é a imaxe de enriba. É a miña vista ou a paisana que aparece nela ten un aire con Gloria Lago? ou se cadra máis aínda con Uxúe Barkos?

23.12.08

Touriño propón


Moi mal deben andar as cousas para que os pesedegallos se lembren da lingua para engordar o financiamento... se Solbes se entera do E logo! e de moitas máis cousas... pecha a billa de vez.