Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

12.5.10

Mala conciencia



Primeiro foi en Estremadura co vídeo de enriba e agora, a través da miña correspondente en terras catalás, sei deste artigo de Quim Monzó sobre Andalucía.
En Galicia namentres nunca con tanta intensidade se empregara antes o recurso da proximidade do portugués para facernos valer diante dos negacionistas. Porén, unha nube de mala conciencia respecto ao tema semella estar latente.
"A historia que puido ser e non foi" dixera don Manuel.