Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

30.11.07

Instrucións


Para aqueles que teñades plan previsto para esta finde por terras do Deza, non deixedes de ver a presentación coas instrucións correspondentes. Xa non haberá daquela unha speaker con galego macarrónico, senón que agora haberá voz enlatada con fonética televisiva. Algo é algo. E olliño a como se distribúen os exames e en que lingua, que esa é outra...

26.11.07

902 10 64 74


Agora que xa temos teléfono pra queixármonos e denunciar, temos que ir a polos pelochos do galego: Señorita, dígame, por favor, dun oftalmólogo que me fale galego.
(porque, por certo, Avaliaxe pechou)

22.11.07

La Ventana

En Galiza nin temos etarras (por sorte) nin mozos que queimen retratos do Borbón (que se saiban) e a dignidade lingüística do país quedaba exposta diante dos tribunais polos Oubiñas e demais cando astutamente lle dicían ao xuíz ter problemas co castelán... (cos colombianos que trataban eses problemas desaparecían misteriosamente...).
Hoxe na fiestra da Genma Nierga interesante faladoiro sobre o tema suscitado por un oínte; interesantes as declaracións ao respecto de Carnicero e Subirats... a terceira en discordia, esa mesma que marchou da SER para acabar volvendo (María de la Merced), por contra non ve con bos ollos que na Audiencia Nacional se poida falar en galego, catalán ou éuscaro. A que recorre para pensar así? a que pode ser moi custoso. Sen lle dar máis voltas ao asunto: e se é moi custoso, que?? non se gastan os cartos noutras cousas e ninguén o cuestiona?
Insisto gustoulle a este moucho o dito por Carnicero e Subirats, discurso moi claro e moi necesario. Que o multilingüismo non sexa só fachada, apariencia e cara á galería.

13.11.07

Volta atrás


Anos reclamando que a política lingüística neste país non fose exclusiva das lindes de Educación e agora que xa o temos resulta que se reclama crear unha subdirección xeral no ensino. Ou sexa unha especie de marcha atrás, co embrague a medio premer, sen forzar moito o motor e sen armar moito barullo.

O que está claro é que a engranaxe da PL non está fina: o anterior modelo era insuficiente e fracasou; o actual non está plenamente potenciado, é igual de insuficiente e nin convence nin satisfai.

3.11.07

Non me convencen...


Que o paciente mellora, estabiliza as súas constantes vitais, xa admite alimento sólido, permítense as visitas, mesmo ten momentos de lucidez e ganas de troula...

A min este parte médico non me convence, nin pola mensaxe, nin polo emisor, nin polo medio, nin polo momento, nin por nada. Volvinme ateo dos estudos sociolingüísticos.