Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

5.4.10

Á cabeza

Ou sexa que en plena imposición lingüística do galego e vai e resulta que Galicia encabeza os indicadores educativos dos cursos 2007/08 e 2008/09. Menos repetidores, menos abandono escolar... Mmm, vou chamar a Gloria a ver que opinia... E despois de Gloria ao Círculo Financeiro que destas horas aínda están traballando. Gabilondo, manipulación!!!!