Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican.
Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...
Mi madriña!!! Que xa van aló catro anos e eu sen decatarme!! Cantas cousas mudaron desde aquela primeira ollada.Se este espazo fose un neno, pertencería á "xeración galescolas". Mañá domingo unha torta ben grande de chocolate. Merecida está.
2 Comments:
parabéns para você :)!
By estruturas disipativas, at 1:11 da tarde
Parabéns e a por outra "lexislatura". Necesitamos mouchos axexantes.
Catro aniños e xa un cambio xeracional. De nacer agora sería da "galiña azul"?
By Serafín, at 12:13 da manhã
Enviar um comentário
<< Home