Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

28.12.06

Eu si apoio a Marisol


Outra primicia d'omouchoasexante: pescudo polos corredores institucionais de San Caetano e descubro que o goberno de Touriño vai poñer na rúa a comezos de ano camisolas coma as da imaxe en apoio a Marisol López, a xefa da política lingüística galega. A idea lévase xestando hai tempo á vista da mala imaxe e recelos que a secretaria esperta no seu sector e en función do éxito non se descarta poñela en práctica con outros cargos políticos pouco coñecidos ou cuxa xestión está a ser cuestionada xa antes do ecuador da lexislatura.
Ao parecer a iniciativa non é nova, senón que xa foi probada con éxito polo candidato republicano ao goberno finés na última cita electoral na que contra todo prognóstico conseguiu revalidar a presidencia logo de inzar as rúas finesas con máis de 65000 camisolas en apoio seu. Responsables socialistas de comunicación e imaxe da Xunta, logo da viaxe a Finlandia onde xuntaron información de primeira man sobre a elaboración e lanzamento dunha campaña destas características, e unha vez que obtiveron o visto e prace de Ferraz (en especial de José Blanco, o pai do ZP), están decididos a poñela en práctica en Galicia no vindeiro mes de xaneiro.
Aseguran que o obxectivo da campaña é triple: mellorar a imaxe da destinataria da mensaxe, converter en noticia a súa área de goberno e crear un efecto de empatía sobre ambas.
Agora mesmo seica se está a negociar con empresas galegas tipo Rei Zentolo ou Vaca Lactea co fin de mellorar o deseño da camisola (cuxos primeiros deseños adianta este moucho) e garantir unha boa distribución por todo o país. Está previsto que as haxa en varias cores e tallas, en versión masculina e feminina e tamén en varios modelos axeitados a cada época do ano. Mesmo xa hai tamén rascuños doutras prendas como é o caso de calzóns para eles e tangas para elas.

2 Comments:

  • Ha, ha, ha!!!!! Moi boa idea moucho, aínda que eu non sei se terán moito éxito. Visto é que as camisetas con mensaxe atraen a moita xente, pero levar a semellante espantallo de muller no peito... non sei, non sei... Dáme que nin con esas vai obter éxito esta muller, demasiadas aduanadas anda facendo... ai, se o día que a pariron nacese un porco que bo sanmartiño se facía!!!!

    By Anonymous Anónimo, at 12:19 da tarde  

  • Ben, tratándose do día que é, imos tomar a ollada como o que é e mellor se o facemos sen faltar o respecto ou dicir barbaridades, de acordo:-)?
    bo día.-

    By Blogger omouchoasexante, at 3:11 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home