Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

24.12.06

Ai Dolores, ai Dolores...


Di Dolores Villarino, a presidenta do Parlamento que un xa non sabe se está en xira para dar a coñecer o Parlamento ou a ela mesma, que non amoestaría a ninguén por non falar en galego e a seguir valora "mucho el esfuerzo ímprobo de algunos parlamentarios y miembros del Gobierno por hacer sus intervenciones en nuestra lengua."
O esforzo é outra cousa caramba.
Con declaracións coma estas a un ocorréselle que os galegofalantes debemos ser superdotados, posuidores dunha mente privilexiada, algo así como uns escollidos capaces de manexar gramáticas complicadas e ignotas coma as do galego, ás que os parlamentarios non poden acceder porque o inxente traballo físico e mental que han de desenvolver non lles deixa tempo nin sosego para dominala.
Lamatumbá canta "Ai Dolores, ai Dolores, con que te lavas a cara..."

1 Comments:

  • Todo o mundo sabe que o galego é a lingua mais dificil do mundo. Mira no mundo da advogacia e justiça: Podes sacar umha carreira como Direito, podes aprovar umhas oposiçons, podes chegar a Juiz... mais falar galego é um esforço tremendo...

    By Blogger Fer, at 12:55 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home