Os filólogos galegos escasean ou, mellor dito, os futuros candidatos a filólogos galegos. En
Vigo seica te pos a contar e sobran dedos da man, en
Santiago os últimos anos nas aulas adoitaba haber máis cadeiras baleiras que cheas pola redución do alumnado drástica sufrida, e na
Coruña a cousta está que tal baila.
A historia da titulación ten o seu aquel: nos oitenta foi un choio pois foi cando con urxencia había que cubrir con persoal humano os novos ámbitos aos que a lingua chegaba, fundamentalmente o ensino, e aínda hoxe se está a reparar o caso dos chamados "asimilados". Nos noventa a cousa estabilizouse, ao ensino engadíronselle timidamente novas bolsas de emprego como a administración e aínda máis timidamente a empresa. Foi tamén nos noventa cando a apareceu a titulación como tal, quedando atrás aquilo da subsección galego-portugués, e foi tamén cando se xebraron os estudos nas universidades: en Santiago quedaron os oficialistas, o núcleo duro afín ao ILG que pouco a pouco conquistou a Academia; na Coruña permaneceron os chamados de "mínimos" e lusófilos; e en Vigo miraban de esguello cara ao norte, ían un tanto por libre facendo cousas ben interesantes, por certo, e recelando das subvencións que quedaban en Santiago e non cruzaban o Ulla.
Hoxe por hoxe, a situación non é moi distinta: fíxose a
pax lingüística certo, pero as saídas profesionais seguen sendo máis ben pequenas. O máis sinxelo sería pensar que se unha titulación non ten saídas é porque o seu obxecto de estudo non ten futuro, mais en realidade o que falta é decisión, apoio e vontade por mudar cousas no terreo lingüístico. Os lixeiros avances que se dan no plano normativo, lexislador ou empresarial chegan aínda moi debilitados ao mercado laboral: cando haberá equipos estables de investigación? cando cada consellaría contará con servizos lingüísticos nas súas rpt's? cando haberá lingüistas expertos no audiovisual e no multimedia que formen parte de xeito estable do puxante audiovisual galego que tanto se fala? por citar só uns exemplos. Tan mal están as cousas que o "sindicato" dos lingüistas e normalizadores (a
cotenol) mesmo tivo que elaborar unha
proposta de mínimos que os procesos de contratación deben respectar.
Os valentes que estudan hoxe filoloxía galega vanse atopar con todo un catálogo de bolsas de investigación, de colaboración, prácticas en empresas que son pan para hoxe e fame para mañá... unha especie de carrusel no que un sobe nunha e baixa doutra, no que un muda
Mazarelos pola
Barcia, o
Consello pola
Egap,
Obradoiro por
Xerais... e forma parte dun colectivo de man de obra barata ao que mesmo se está poñendo difícil acceder (seica hai empresas do sector lingüístico que rexeitan a estudantes en formación polos seus baixos coñecementos).
Todo isto, até que che dan os trinta e túa nai che di por enésima vez aquilo de "e non has preparar unhas oposicións..."
Así está o panorama...
4 Comments:
See more information on Las Vegas Vacations here.
By Anónimo, at 8:04 da manhã
Uf... Unha descrición do panorama, desgraciadamente, bastante certeira.
Con respecto á licenciatura en Filoloxía Galega, un dos problemas que eu lle vexo é que os contidos non son os axeitados. Desde o meu punto de vista, tiña que enfocarse máis cara á normalización (incluíndo, polo tanto, algúns contidos como socioloxía, planificación estratéxica, intervención social, etc.).
E gústame ese nome de "sindicato dos normalizadores" para a CTNL... ;-)
De todos os xeitos, creo que cómpre tamén diferenciar entre "lingüistas" e "normalizadores": os primeiros deben mirar pola calidade da lingua, polo "corpus", mentres que os segundos polo incremento do seu uso e prestixio, polo "status". Entón, os primeiros deben ser, claro está, filólogos; os segundos, poderán selo ou non, mais os seus coñecementos e capacidades non se corresponden, hoxe por hoxe, cos adquiridos en Filoloxía.
By Anónimo, at 2:22 da tarde
Eu tamén gusto do nome de "sindicato dos normalizadores" e moi interesante a achega sobre a realidade social do mundo da Filoloxía Galega.
By Anónimo, at 3:08 da tarde
Polo que eu sei a falta de alunos nom é algo único de filologia galega, mas de quase todas as filologias. Em geral há muitos menos alunos que antes nas Universidades devido a que há muitos menos moços que antes.
Por outro lado a normalizaçom do galego nom é cousa de haver mais ou menos filólogos. Eu nom vejo que as empresas contratem muitas licenciadas em filologia espanhola, e porém utilizam preferentemente o castelhano.
By Se Moncho, at 8:22 da tarde
Enviar um comentário
<< Home