Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

25.11.06

El Pais e Afonso X


Menos dunha semana da edición galega d'El Pais e xa se pode ver que estes de Prisa non é que vaian darlle unha viravolta as estatísticas de uso da lingua galega na prensa, por moito que hoxe mesmo na edición impresa unha carta ao director (por certo non consultable no web) xa o reclame. E é que non chega que no acto de presentación o pasado martes Cebrián citase en galego a Cunqueiro se acto seguido se lembra de Afonso X e evoca que este usaba o castelán para ditar leis e o galego para a poesía. Ou sexa, traducido a termos xornalísticos: o castelán para as noticias e o galego os venres para iso que chaman cultura.

2 Comments:

Enviar um comentário

<< Home