Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
23.11.06MupiAs linguas non deixan de sorprender de modo que un pode ter lido moito, acudido a moitos dicionarios ou ter escoitado moito á xente que sempre ha de haber palabriñas que che descoloquen un tanto. Sobrevoo a cidade máis poboada do país e descubro a través dun tríptico municipal acerca da violencia de xénero que Vigo está inzada de mupis. Si, mupis, así como soa. Concretamente cincuenta. Así, inicialmente nin este moucho nin os compañeiros de voo máis cercano souberon dar co significado de tal vocábulo. Quizais algún estraño animal que precede ás vacas da cow-parade prevista? Pois non, nin moito menos. Claro está que nin se me pasou pola cabeza acudir á lexicografía convencional e ver de atopar a palabriña (ou moito me equivoco ou ha pasar ben tempo até que obteña a bendición lexicográfica). Hoxe, a adega da neoloxía está en internet e chámase Google. O conto é que un mupi é moble urbano para a presentación de información. Así con todas as letras. Ou sexa un taboleiro dos de sempre, un punto de información, un poste, un marco... entendémonos, non si? Unha palabriña máis para o peto...
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home