Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

9.11.06

Día despois


Baile de cifras e baile de noticias coma en calquera outro paro ou folga é o que nos deixa o realizado onte no ensino en Galicia. Só nos faltaría un Urdaci que se referise á Mesa como a A.M.N.L. e un Acebes que dixese que o goberno está a claudicar ante as presións. Ao parecer haberá novo decreto para o ensino que achegará o galego ao 50% e na Voz preséntannos a Touriño como un presidente firme que non cede ás presións. Dísenos que o goberno non mudará o plan de normalización lingüística... nin falta fai, se o que se lle pide é que o aplique!!!!!

1 Comments:

  • Podía mudalo para algo mellor e dende logo poñer mans á obra para aplicalo a conciencia.

    By Anonymous Anónimo, at 12:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home