Nisto das linguas un ás veces leva labazadas onde menos agarda. Chega o Nadal e con el a lotaría e este moucho, recoñézoo, desexaba importar uns decimiños de Cataluña. A onde acudir? pois a esa
bruxa de tanta sona cuxo propietario seica quere chegar á Lúa. Cal é a miña sorpresa cando á hora de facer a compra e introducir os datos postais da miña póla me atopo que o sistemiña dá erro. O motivo? Pois que o dito sistemiña ten os códigos postais cos topónimos ao xeito de Vázquez, Méndez Romeu e demais. Resultado? Que como non lle poñas o topónimo tal cal o que ten na súa lista pois non hai maneira...
Demo de bruxa!!!! mirade, mirade os pantallazos: Villagarcía de Arosa, Mellid, Jubia-Narón, Sangenjo, Ginzo... e así todos os que se vos ocorran que aínda mirei uns cantos...
E aquí tendes ao moucho, sen a lotaría que había chegar de Sort, pero, iso si, agardando por outra que ha vir dende
Hospitalet.
Por certo, se non queredes deixar a este moucho só na queixa preceptiva nestes casos eis o enderezo:
loteria@labruixador.es
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home