Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
20.10.06Funcionario... e tradutorSe a un funcionario lle poñen internet libre, navega; se lle poñen un tradutor automático ao seu dispor, traduce. Recoñézoo, o da tradución automática pódeme, tráeme de cabeza ultimamente. Un moucho habilmente infiltrado polos corredores de San Caetano pásame os pantallazos que demostran que dende a intranet da Xunta os funcionarios barra as poden traducir todo canto queiran do castelán ao galego. Poden enviar textos, enviar documentos en formato .doc e tamén traducir páxinas web. O sistema é sinxeliño de todo, tanto que non precisa nin un mínimo manual de instrucións (de feito non o hai) e por non haber, parece non haber alguén que controle un tanto o tema. É dicir un funcionario pode traducir canto documento queira sexa feito elaborado por el e que garde relación co seu traballo, sexa, postos a ser malpensados, a dun colega tradutor que traballa para unha editorial. Deberían copiar un chisquiño de como o teñen organizado no SNL da USC. Unha cousa máis, isto non bota por terra os plans de formación do funcionariado en materia de linguaxe administrativa e técnicas de redacción?
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home