Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
2.10.06Peregrinaxe polos quioscosOs quiosqueiros tolean ultimamente... Sexa pola puxante prensa gratuíta, sexa polos baixos índices de lectura... raro é o xornal que non ten en marcha nunha mesma semana a dúas, tres ou catro coleccións distintas: literatura, atlas, enciclopedias, álbumes, dvd’s, libros de receitas son o máis normal, mais tampouco escasean utensilios para a praia, a acampada, o enxoval ou última tecnoloxía a base de cupóns diarios. E á prensa diaria aínda hai que engadirlle toda a gama de revistas, coleccionables e agasallos coñecidos e por coñecer. En definitiva, as librarías e os quioscos, con tabaco ou sen tabaco, convertéronse en bazares onde o principal mudou en accesorio. Neste marasmo de xornais, revistas, agasallos, especiais de Fernando Alonso e lentes de sol para o verán, pedir un Galicia Hoxe, un Tempos Novos, un Grial ou a recente Nazón pode resultar unha aventura. Os medios galegos parecen diluirse coma o azucre na auga: caras de extrañeza no dependente, un “non o recibimos” (aínda que o esteas a solicitar na cidade mesma onde se edita) ou un “xa o acabei” (sinal de que os números recibidos son escasos) son as respostas máis habituais... Paciencia e a peregrinar de quiosco en quiosco...
|
1 Comments:
Eu teño a sorte de ter un kiosko moi bó diante da casa, desos que teñen de todo, pero aínda así xa me vin varias veces nesa peregrinaxe...
un saúdo.
By moucho branco, at 10:30 da tarde
Enviar um comentário
<< Home