
Hai uns
meses falabamos da primeira oferta pública de emprego do bipartito e laiabámonos da inexistencia de prazas de lingüistas nela. O bipartito botou contas,
ampliou a oferta mais os lingüistas seguen
missing. E a cousa é curiosa pois o emprego da lingua por parte da Administración, cara a fóra cando menos, é ben alto pero, que este moucho coñeza, haber só hai dous servizos lingüísticos constituídos como tales: o da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais o do Diario Oficial de Galicia. Haberá lingüistas ocultos? lingüistas ocultos nos sotos de San Caetano traballando día e noite coma chineses?
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home