O galego loce cada vez máis no peito (ou peitos) e as
camisolas feitas no país e con lemas galegos déixanse ver máis polas
rúas e non sería de estrañar que deixaran de ser cousa exclusiva de empresas novas e aventureiras, tipo
caramuxo,
avacalactea ou
reizentolo, senón que outras xa instaladas tamén se suban ao carro (veña Amancio anímate!!).
O galego vende ou non vende? o galego pode ser moda ou non?
2 Comments:
O galego vende. Non hai dúbida. Ademais creo que hai unha xeración nova que saben manexar tanto a ética como a estética nas artes, no só na moda, como a Yolanda Castaño na poesía, a Critina Pato no folk, os Aduaneiros no grafismo ou o Projecto Mourente na música máis contemporánea e frívola. Aínda hai esperanza.
By Xosé Manuel Carreira, at 7:44 da tarde
O grafismo galego está de moda, e o vai estar por varios anos. Actualmente na Galiza hai bos deseñadores e grafistas, e o máis importante é que os produce. Somos unha "potencia" na banda deseñada e case todos os galegos vestimos igual.
E como ben di mendinho, tamén está esa xeración que usa a estética e a ética na arte.
By Anónimo, at 9:20 da tarde
Enviar um comentário
<< Home