Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
26.8.06Lingua e fútbolLingua galega e fútbol teñen unha relación especial. Para empezar no seu momento houbo dúbidas de se tiña que ser fútbol ou futbol (por aquilo da acentuación na lingua orixinaria, que se os portugueses si a respectan...) e por aí aínda circula algún Xerais coa acentuación virada. Pero dicir lingua galega e fútbol é dicir a rentes do pao, falar de longueiros e seareiros (así con e aínda que todo quisque pronuncie siareiros), de bancadas ateigadas, de padiolas e de saques dende o curruncho grazas ás retransmisións televisivas. Aquelas primeiras con Manuel Pampín suscitando debates e discusións sobre se era deste ou destoutro equipo (aínda hoxe non se sabe moi ben de que pé coxea...). O futbol, por mal que lle pareza aos non futboleiros, contribuíu ao desenvolvemento do galego, á formación do seu estándar léxico como poucos outros ámbitos. E aínda hoxe o fai o deporte en xeral, se non que llo digan aos responsables de Vieiros que no seu intento de facer xornalismo deportivo en galego son moitos os baleiros e lagoas, sobre todo léxicas, que teñen que enfrontar (en Cataluña o groso da terminoloxía deportiva catalá asentouse a canda os xogos olímpicos do 92). Miren se ten a súa importancia a cousa que á vista da seria ameaza de que a TVG sen quede sen o fútbol do sábado á noite, atopamos xuntos reclamando o mesmo á Mesa e ao PP. Por certo, ben polo detalle da Sexta, mais este moucho e moitos máis non temos aínda dixital...
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home