Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

9.9.06

Galegofalantes solteir@s busco


Ben podería ser o título dunha película non? quen sabe se o audiovisual galego nos sorprende algún día con tal cousa... O tema vén a conto porque leo n'A Nosa Terra desta semana o anuncio por palabras da imaxe. Omito o teléfono porque non é o importante e quen teña verdadeiro interese que merque ANT, aínda que deduzo (atención galegofalantes da zona!!!) que ben podería ser da cidade de Vigo.
Meu deus tan mal están as cousas que xa hai que pór anuncios para atopar xente que fale en galego?? Porque se aínda fose para falar dun tema concreto, pois oe, busca ti a economistas que che expliquen ben ao xeito e sen trabar a lingua o do euríbor ese famoso e saber en que vai dar a túa hipóteca na túa lingua; ou busca ti un astrólogo que che explique o de Plutón e o que vai ser del agora...
E non haberá algo máis detrás do anuncio?? ambiente familiar? xuntanzas mensuais? aberto tanto a donas coma a cabaleiros? ui, ui, ui que aínda hei de chamar e ver en que resulta o conto...

1 Comments:

  • Pois probablemente sexa una anuncio con retranca (como aquel de Precísase xardineiro lusófono para Coruña) mas pode ser unha realidade en poucos anos. Polo de agora xa non é doado flirtear en galego en certos ambientes.

    By Blogger Xosé Manuel Carreira, at 6:15 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home