Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

10.5.06

Unha OPE hostil


Pasou un tanto desapercibido pero na primeira oferta pública de emprego do bipartito (DOG do 28 de abril) non se albiscan lingüistas, hai enxeñeiros moitos, algún arquivista e até legoeiros, pero linguistas ningún; quen agardara outra cousa pecou de optimista e exerceu de inxenuo. Iso si: segundo a Secretaría Xeral de Política Lingüística a Administración (xunto co ensino) segue a ser unha prioridade.
Conseguilo, é o obxectivo; conseguilo sen persoal, o milagre.

1 Comments:

  • Non é unha cuestión ideolóxica. É unha cuestión moi máis simples: os enxeñeiros deselvolven novos productos e novos proxectos e aumentan o PIB do país. Ningún governo sensato podería prescindir deles.

    By Anonymous Anónimo, at 6:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home