Golpe de efecto
Salario da liberdade, derogación do programa Labora, remodelación da bolsa de algueiro, axudas ás familias para mercar ordenadores, loita preventiva contra os incendios xa desde a primavera, paralización da Cidade da Cultura, supresión de peaxes, creación das seleccións galegas, diálogo cos sindicatos... o novo goberno, tanto os da rosa coma os da estrela, en poucos meses buscou golpes de efecto en moitas das súas áreas de traballo. Cumpría facer patente e ben visible o cambio, crear novos termos, levar a cabo novas medidas, fornecer de titulares aos medios...
Este moucho espera con ansias ese golpe de efecto no terreo da lingua, devece porque chegue o día en que sexa presentado e polo que está a tardar a cousa promete... por que... estar o que se di a estar, estase a preparar algo, non si??
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home