Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

11.4.06

Houbo debate...



Pensei que os programadores da TVG agardarían ás proximidades do 17 de maio e se cadra por iso faltaban os primeiros espadas (por que se para falar da cota leiteira acode o conselleiro Suárez Canal, para falar de temas lingüísticos non fai o mesmo a máxima responsable? u-la secretaria xeral?).
Un tal Raúl Vilas de Libertad Digital, malencarado no falar e chulesco no estar, confirma que o jardonismo segue vivo: ao rapaz non lle chega que as canles en español se multipliquen progresivamente, senón que tamén a TVG debe emitir en castelán que para iso fai a declaración da renda todos os anos; próelle, vaille mal que os parlamentarios galegos usen única e exclusivamente o galego (nas trincheiras de enfronte tamén andan escasos do repertorio e comezan a repetirse).
Outro apuntamento: seica como non andamos a ostias, non hai conflicto lingüístico. A ver se a solución pasa por chamar ao 061 ou a atestados para que levanten parte cada vez que os galegofalantes non sintamos agraviados e se produza un "choque lingüistico"?