Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

1.4.06

XXX


Andan na Arousa estes días coa súa peculiar "(fin de) semana verde", moi ao estilo da de Silleda: postos de exposición, demostracións prácticas e en vivo, e carne, seica moita carne... Ao parecer xa se deron os primeiros pasos e xa se conta algunha produción propia porno feita por estes lares e mesmo se escoita que se está preto de inaugurar o porno en lingua galega... por riqueza e variedade de eufemismos na lingua non será...

Unha vez escoitei que o galego estaría plenamente normalizado cando, entre outras cousas, houbese películas porno en tal lingua, será certa esa previsión?? O PXNL non di nada ao respecto :-)