Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

4.4.06

O espírito Jardón...


...segue vivo, de cando en vez os Alejo Vidal-Quadras, Calazas e compañía encárganse de mantelo vivo, de resucitalo nos seus mellores momentos e de lembrarnos que vivimos en recantos peninsulares onde hostes hostís e radicais impoñen as súas linguas. Un que se suma á lista é un tal Alfredo Aycart que denuncia no ABC (bo sitio para facelo hai que recoñecelo) que o botaron da Radio Galega por non falar galego e que os Touriño's boys impoñen o galego nas oposicións e que Callón xa manda neste país tanto coma eles, e que el non ten nada en contra do galego, e que........blablablabla