Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

17.4.06

Tarde piaches!!!!!

A lingua galega chega tarde ao enciclopedismo. Cando nos oitenta era moi común recibir a visita de comerciais ofrecendo o último en enciclopedias e consultores didácticos, para o galego aínda se estaban a facer os primeiros dicionarios minimamente metodolóxicos.
Agora que o galego xa dispón da súa enciclopedia universal, segue habendo comerciais, pero de tarifas planas, paquetes de telefonía e televisión dixital, Google cómelle as papas a Larousse e a enciclopedia de cabeceira chámase internet...
Menos mal que na wikipedia damos a talla...