Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

18.4.06

Sorprendente-surpreendente



Chégame un correo anunciándome que o buque insignia da lexicografía galega en norma AGAL, é dicir o Estraviz, está dispoñible en norma ILG-RAG!!!!! Non dou creto, acudo rápido a comprobalo e a sorpresa inicial é matizable. Non é que se maquillara toda a obra palabra por palabra, senón que a través dun programiña interno que actúa de trasno é posible que inserindo na caixa de texto voces como canción ou favorable se obteña "espellada" a correspondente cançom e favorábel.

Cousa curiosa... non si?