Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

20.4.06

Onde vas comparar


O catalán non é lingua oficial nin de traballo na Unión Europea mais si curiosamente na Champions League. Os seareiros culés alá onde se desprazan son recibidos, informados e despedidos polas megafonías dos estadios en catalán. Ocorre en San Siro, Highbury, Anfield e demais campos... (seguramente eses mesmos seareiros en calquera estadio da Liga española ou nunha final de Copa no Bernabeu non recibirían o mesmo trato, mais ese é outro tema...). Paralelamente os xogadores cataláns do Barça xa son pronunciados á catalana (caso de Oleguer).

Mentres por acó o Deportivo segue lucindo un escudo a lo Masiel, os que non somos futbolistas pero si temos nome galego volvémonos louros para que non nos traduzan o nome e pedir un zume de péxego en certos sitios é todo un risco...

Certo: as comparanzas son odiosas.

1 Comments:

  • Cando fai muitos anos cheguei a Cataluña pensei que si na nosa terra fixeran cousas coma se facian aquí, a nosa terra non perdería tantas das suas raices...
    Bicos.

    By Anonymous Anónimo, at 4:16 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home