Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

13.9.06

Razóns para o optimismo?


As razóns non son deste moucho senón da RAG e da SXPL, que algo de lingua tamén deben saber. E baséanse no ultimo chequeo feito ao idioma. Fálase de saír do pozo e de ver o vaso medio cheo, pero o adxectivo e adverbio que se utilizan son "lixeiramente" e "moderado". Pois tentaremos ser optimistas daquela, pero se alguén sabe a óptica onde Barreiro e López mercaron os seus lentes pois que o diga... de acordo?
Ah, e anúncianse máis estudos e diagnósticos, que por atencións ao paciente non ha quedar...

1 Comments:

  • Desafortunadamente teño a impresión de que o galego empeza a entrar na fase in the ghetto. Eu percibo que cada vez os castelánfalantes que xa superaron por primeira vez na historia o 50% son máis agresivos, máis monolingües e máis intolerantes (yo también sé hablar gallego pero tú eres un maleducado por no hablarme en castellano (?)) e calquera paso por mínimo que sexa que favoreza ao galego é utilizado unha e outra vez como arma política.

    Os tipos ben pagos da RAG e esècialmente os de política lingüística son uns irresponsábeis que comezaron cunha lingua falada case en exclusiva por case 2/3 de Galiza e coa historia do bilingüísmos harmónico hoxe estamos pior que na transición cando ata Paco Vázquez falaba galego. En fin, como ves eu son moi pesimista, mas non son o único: xa só nos queda Portugal e ate está nunha crise brutal.

    By Blogger Xosé Manuel Carreira, at 11:31 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home