Ligazóns formativas para o señor Feijoo

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
13.9.06Ligazóns formativas para o señor Feijoo![]() Señor Feijoo, se todo se reduce a unha cuestión de redacción pensen dende o partido en matricular á señora Faraldo nalgún dos moitos cursos de técnicas de redacción e expresión escrita que hai na nosa lingua. Sen saír da provincia da Coruña pregunten na USC que os organiza dende hai tempo a través do seu SNL e contan xa cunha ampla tradición. Se o que queren é afastar durante unha temporada á devandita señora do aparato coruñes do partido, pois pregunten en Vigo que a súa universidade tamén os organiza. Se xorden inconvenientes por aquilo de estaren destinados con preferencia á comunidade universitaria, pois vaiánse directamente á privada e pregunten na empresa Tagen Ata, non creo que sexan moito máis caros como para que o partido non poida asumilo. Todo sexa pola fluidez da expresión escrita e a correcta transmisión das ideas, que hai que ver que malentendidos máis tontos se forman ás veces e canto mal pensado hai polo mundo!!! E se non hai tempo para facer cursos (ben é certo que as municipais están cerca e haberá que ir preparando os programas electorais), pois agasallen a señora cun libro ou manual dos moitos que hai (moi recomendable algo de Cassany ou Martínez de Sousa). Feito isto, máis adiante falaremos da preparación e disposición dos textos, parágrafos, cuestión de estilo etc. etc. que este moucho viu por aí moita anarquía coas tabulacións e moita maiúscula solta... De nada, señor Feijoo.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home