
Que pasaría se o Sergas lles esixise aos médicos de fóra de Galicia coñecer o galego? Pois que sería portada en El Mundo, editorial no ABC, La Voz montaría unha enquisa no seu web, a demagoxía cotizaría á alza (lembremos o que pasou na vaga de lumes) e a conselleira tería que saír ao paso e dar explicacións.
Porén, se o mesmo fai o
Ministerio de Sanidade con aqueles médicos chegados de fóra que si saben algo de español pero se lles esixe un nivel medio de coñecemento, pois non pasa nada. Apenas é noticia e non se levanta unha voz máis alta ca outra.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home