Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

21.9.06

A Hortensia do 1984


Foi no 84, causara mortos e graves destrozos de modo que aínda hoxe (máis de vinte anos despois) en moitas falas galegas falar de Hortensia é sinónimo de mal tempo, fortes ventos e chuvias... O nome da Hortensia perdurou na fala, este Gordon por sorte será cousa dun día...