O de mudarlle o nome á Televisión de Galicia e reducilo en
A Galega é un caso curioso de como a denominación popular se acaba impoñendo e é recollida para dar nome oficial. Algo así como se o Barcelona se pasase a chamar oficialmente Barça, Torrespaña aparecese nos papeis como "O Piruli" ou a Igrexa incluíse no santoral A Moreneta no canto da virxe de Montserrat. Por suposto nin se pensou en lle chamar "telegaita" como moita xente lle chama despectivamente, mais se o cambio chega a ser noutrora quizais entraría en lide tamén a denominación d'A Terceira, que é outra tamén moi estendida. Ocorre que a estas alturas do panorama audiovisual, os números do mando xa están moi solicitados (mesmo Localia ten unha promo para ser ela a que ocupe o número oito). Pero agora que se me ocorre, ti en que número do mando tes A Galega??
Vexamos a que pode ser unha situación tipo: se aínda hoxe é moi común chamarlle "a terceira" é porque cando apareceu aos fogares galegos só chegaba a TVE-1 e TVE-2 (esta última con dificultades en moitas zonas).
Chegaron as privadas; Telecinco estaba fácil de encadrala e Canal Plus e Antena 3 repartíronse o número catro e seis porque teño a sensación de que a TVG mantivo o tirón da tele de Asensio e seguiu co número 3. Apareceron as locais (xeralmente no 7), logo La Sexta pero sigo pensando que nos máis dos fogares galegos a agora denominada A Galega segue firme no número tres do mando.
Por certo, outro detalle lingüístico: o lema da renomeada canle é "Mira e verás...", que tomen nota no baixo Miño e sur de Pontevedra :-)
3 Comments:
o 3, é o sitio que lle corresponde por tradición. Amais, gústame a remuda da Galega. Desta fixerona ben, inda que amais de renovar a cara habia que renova-los contidos tamén.
By Anónimo, at 9:25 da tarde
pois eu no 70, porque a pouca TV que vexo é a través de R, :)
saúdos.
By moucho branco, at 9:30 da tarde
1. tve1
2. tve2
3. a galega
4. ant3
5. tele 5
6. cuatro
7. a sexta
8. localia
9. popular tv (da Cope pero a medio día botan El Chavo del 8)
10.local descoñecida
11.local descoñecida
www.enGalego.esp.st
By Anónimo, at 9:45 da manhã
Enviar um comentário
<< Home