Armas de tradución masiva (e II)
Poñer tan abertamente ao dispor da xente ferramentas deste tipo sen ningunha outra explicación, pois non ten por que ser necesariamente bo. Pódese gañar en número de páxinas, pero nun galego que deixa moito que desexar e non todos os efectos teñen por que ser positivos. E este moucho advirte disto pois a Xunta que, todo hai que dicilo, dispón do mellor tradutor (por algo o chegaron a presentar en público até dúas veces) ten intención de abrir o seu emprego ao conxunto do funcionarado. Está por ver como se fará, mais así de entrada xa se me ocorre unha primeira consecuencia e risco: o funcionariado redactará na lingua na que pensa maioritariamente, daranlle ao trebello do tradutor automático e o texto irá como irá...
4 Comments:
Absolutamente de acordo. Traducir traducirá, pero que iso abonde...
By Anónimo, at 4:35 da tarde
Os tradutores automáticos de tódalas linguas son perigosos se non se ten un bó coñecemento previo da lingua. Poden ser unha ferramenta útil para terminoloxía específica e para axudar en ocasións de bloqueo, pero deben de ser ante todo complementarios.
Mirandoo por outro lado, ao mellor empezan a saírlles artigos cómicos aos funcionarios e a burocracia empeza a ser divertida...
By Arale Norimaki, at 6:42 da tarde
persoalmente aborrezo os traductores automáticos, anque en fin, serán útiles en certas ocasións...
un saúdo.
By moucho branco, at 8:02 da tarde
son unha merda!!! pasame sempre que de 5 ou 10 p'alabras que busco, polo menos 3 ou mais non existen....como que non existen????dende logo....e iso pasame con todos!!!!en fin...
By Lúa, at 9:44 da tarde
Enviar um comentário
<< Home