Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
28.10.06EncontrosDicir esta palabra falando con lingüistas non hai risco de confusión e que a cabeza se nos vaia a Carme Mella e aquel seu programa. Este ano chegaron á súa décima edición polo que se poden sinalar sen medo como o punto de encontro ineludible dos lingüistas encargados de lle devolver a normalidade a este país. O que comezou sendo unha especie de terapia de grupo colectiva e feira de mostras onde cada un expuña o que facía no seu horto particular (ben, todo sexa dito, o que facía e mais o que non lle deixaban facer...) e se acostumaba pechar cun sabor a crema catalá (especialistas chegados do Mediterráneo sempre provocándonos sá envexa e innovando co powerpoint), ultimamente vira máis cara á focaxe nun tema concreto, a análise e maior presenza de políticos. Na edición deste ano salienta que a Xunta debute como colaboradora (nunca é tarde...), o maior investimento no ensino (agardaremos resultados...) e os perfís lingüísticos socioprofesionais nos que se estivo a traballar ultimamente e que agardemos axuden a pór orde e seriedade no tema. Do debate dos políticos sobre a lingua no novo Estatuto, este moucho non pode informar e polo que pescudei tampouco a prensa o recolle no día de hoxe... seguiremos sobrevoando.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home