Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

25.10.06

Este moucho non se fía...


... non, porque a confianza se dá ou non se dá, se gaña ou non se gaña e cómpren moitos xestos coma este para contrarrestar tantos anos de ilegalidade e apartheid lingüístico; ademais se se respecta o topónimo será porque a campaña está participada pola Xunta e xa sabemos o que dende a Consellaría de Industria se lle dixo ao concello...