O que para os colegas de
culturagalega.org é o gusto galega pola cultura bizantina, para este moucho é serios indicios de sermos todos teimudos. Os dun bando e doutro. A
Marta Rivera ninguén a coñecía antes e agora si. Déronlle unha suculenta medalla de prata literaria e arremeteu contra o sistema literario galego por non considerala galega. Quizais Marta Rivera queira remover no que está fixado, e comunmente aceptado, polos teóricos da literatura. É curioso que sendo un debate entre xente de letras queiran confundir e facer demagoxia coas acepcións das palabras: ninguén lle nega a esta señora que sexa galega, pero outra cousa é que sexa escritora galega e aquí galego non é xentilicio senón adxectivo ("que ten que ver co idioma falado en Galicia").
Se Marta Rivera non escribe galego é porque quere e se optou polo castelán fíxoo libremente. Claro que ao mellor tivo algo que ver que teña un espazo de millóns e millóns de potenciais lectores ou posibilidades de optar a numerosos premios (moitos deles moi ben dotados). Que subvención ou chamada espera daquela da consellaría de Cultura?
Por certo
La Voz sempre rauda a chapotear en canta poza lingüística hai...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home