Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

1.11.06

Lingua viva


Todo o que sexa desterrar, ou quizais para este caso habería que dicir soterrar, prexuízos ben vido sexa, mais a este moucho segue sen lle chistar moito esta mestura de lingua e morte. Xa non digamos o titular de La Voz hoxe mesmo.
Prefiro que me galeguicen antes os centros comercias, as salas de cinema, os xulgados, os lugares de lecer, as garderías... que eu para o cemiterio non teño moita présa por ir.
E como xa dixen noutra ollada reivindicadno os galegochorantes: miremos máis pola lingua dos que teñen toda a vida por diante, que de quen ten toda a eternidade.

2 Comments:

  • Totalmente de acordo, amigo Moucho... É cuestión de prioridades.

    By Anonymous Anónimo, at 5:00 da tarde  

  • Estou de acordo. Dentro dos obxectivos, o primeiro penso que ten que ser o ensino. Por iso está o paro do 8 de novembro. Mirade o que fixeron para promocionalo, he he he:
    http://www.youtube.com/watch?v=x9D4ofmwXhk

    By Anonymous Anónimo, at 5:21 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home