Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

14.11.06

Sabías que a RAE quitou un novo dicionario?


Que non o sabías????? pero onde te metiches onte e máis hoxe? fuches ao café e estaban todos os xornais collidos? escarallóuseche a tele? só escoitas música na radio? estudas oposicións e non tes tempo para navegar? ah, que na túa cidade non hai prensa gratuíta? Pois si home, si como o oes: a RAE acaba de publicar un novo dicionario. Mira ti que cousas... E trae palabras como internet, abrefácil, salvapantallas... buah, unha manchea delas novas...
Para min tamén quero un gabinete de comunicación como o da RAE:-)