Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

1.12.06

Mmmmmmm


Ou este moucho ten a mente moi sucia (que todo pode ser) ou estes d'El Pais parece que xa lle atoparon o lado erótico-festivo a isto do voluntariado lingüístico. O titular é "O galego, en parella", fálase de manter "encontros" nun mínimo de vinte dunha hora de duración (que estrés non??) e por riba Quintana fala de "activos" que fan supor que tamén haberá quen faga de "pasivo"... Ui, ui ui... Certo que programas do tipo voluntariado de acollida, de inserción... préstanse para outras cousas (cantas parelliñas terá feito e desfeito o antigo programa Erasmus!!!), pero isto aínda acaba de comezar, deixemos ver como vai... no se me impacienten...