Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
26.11.06IncongruenciasIncongruencias como a de Medio Rural abrindo un concurso para se fornecer de ordenadores co windows xp en castelán non deberían collernos por sorpresa. En Traballo cando mudaron o sistema das oficinas de emprego estas só expedían certificados en castelán até que os do BNG protestaron e se corrixiu o asunto; en Xustiza cando se estaba a traducir o programiña co que traballan (de nome Libra) á administración deulle por mercar licenzas dunha edición máis recente e volta empezar...; ten habido casos de envío a centros galegos no exterior de material (coma por exemplo películas) en castelán no canto de enviar a súa versión galega; xa comentamos hai días que mal negocio que se pretenda formar o funcionariado en linguaxe administrativa e técnicas de redacción se logo se lle pon un tradutor automático ao seu dispor co que só ten que premer no rato e darlle a enviar; mal asunto se se di apostar pola normalización da lingua e despois canta consellaría hai lle patrocinou o coleccionable correspondente ao grupo Voz integramente en castelán; e mal asunto, moi mal asunto se a pouca terminoloxía que se fai dende o centro oficial que se debe facer non se distribúe ao xeito, dificilmente chega a onde debe chegar e a duras penas ultrapasa os andeis das bibliotecas e filólogos (e isto non é unha apreciación deste moucho, senón que está estudado). Cantas van? cinco? seis? as que me viñeron arroutadamente á mente pero haber hai máis, diso estou certo... (e da gran recuada xa non digo nada que o dixen todo no seu día)
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home