Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

11.12.06

Ben por Eva!!!!


Ao final non se salvou e Eva xa non está na academia máis famosa da televisión, pero ben por ela e a súa aposta por cantar en galego. A cousa estivo disputada e non me estrañaría nada que moitos dos que a votaron gastaron os seus noventa céntimos por iso mesmo e non por ser fans dun programa coma OT: alén Pedrafita están faltos de escoitar música noutra lingua que non sexa a castelá ou a inglesa; nós estamos faltos de alguén que a traslade (nunha sms chegaron a pedirlle que entoara o himno galego...)

Por certo o Risto Mejide ese é galego non si? Evaristo Meixide quizais?