Protestóns e inxenuos
Protestóns aqueles que se queixan de que haxa algún artigo de opinión en galego e xa anuncian que len todo menos iso: "yo al Rivas me lo salto" pouco menos que viña dicir unha carta da semana pasada.
Inxenuos (e demasiado esixentes) aqueles que esperan a que unha empresa de Madrid, por moito que se apele ao seu progresismo, cun xornal de 30 anos faga o que non leva feito unha empresa galega que conta xa 125 e xa todos sabemos de quen falamos. Que un Eroski estea máis galeguizado que un Gadis ou que La Caixa abrira o camiño da galeguización das caixas de aforro, non nos debería levar a esperar que sempre han ser os de fóra os que dean o primeiro paso.
1 Comments:
Personalmente decepcionoume un chisco esta pseudoedición galega de El País.
O día do lanzamento cando escoitei que a anunciaban na SER pensei, inocente de min, que tería unha grande parte en galego e con noticias daquí. Decepción cando, uns quilómetros máis adiante, paro a tomar un café e lle boto un vistazo á separta ateigada de publiciade institucional.
concordo coa tua análise da situación. É certo que tanto Eroski como La Caixa usan máis o galego ca as ¿empresas do país?. Haberá que premialos por iso...
www.enGalego.esp.st
By Anónimo, at 6:26 da tarde
Enviar um comentário
<< Home